Pasar al contenido principal

Política de cookies

Co fin de ofrecerlle o mellor servizo e co obxectivo de facilitar o uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade das persoas visitantes e a súa frecuencia de utilización. Para estes efectos, os concellos membros da Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume, pola súa propia conta ou a dun terceiro contratado para a prestación de servizos de medición, poden utilizar cookies cando a persoa usuaria navega polo sitio web. As cookies son ficheiros enviados ao navegador mediante un servizo web coa finalidade de rexistrar as actividades da persoa usuaria durante o seu tempo de navegación.

As cookies utilizadas asócianse unicamente cunha persoa usuaria anónima e co seu ordenador, e non proporcionan por si soas os datos persoais da persoa usuaria. Mediante o uso das cookies é posible que o servidor onde se atopa a web recoñeza o navegador web utilizado pola persoa usuaria coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela. Utilízanse tamén para medir a audiencia e os parámetros do tráfico, controlar o proceso e o número de entradas.

A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisada da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.

Para utilizar o sitio web non é necesario que a persoa usuaria permita a instalación das cookies enviadas ao sitio web, ou dunha terceira persoa que actúe no seu nome, sen prexuízo de que sexa necesario que a persoa usuaria inicie sesión en cada un dos servizos cuxa prestación requira o rexistro previo.

En todo caso, as cookies teñen un carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión posterior. En ningún caso se utilizarán cookies para recoller información de carácter persoal.