<meta charset="utf-8">Política de privacidade
O tratamento de datos persoais realizado a través deste sitio web dos concellos membros da Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume (en diante, Asociación) réxese segundo o establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e demais normativa de aplicación, co obxecto de garantir en todo momento o dereito fundamental á protección de datos das persoas usuarias do mesmo.
Datos persoais recollidos
Os concellos membros da Asociación recollen datos de carácter persoal para poder acceder e prestarlle algúns dos servizos ofrecidos a través deste sitio web. Algúns destes datos facilítanse directamente, por exemplo, cando cobre un formulario de solicitude, e outros obtéñense de maneira indirecta, como é o caso das cookies. Para máis información, ver: Política de Cookies.
Os medios utilizados polos concellos membros da Asociación para a recollida e posterior tratamento de datos persoais son:
Formularios: A través de formularios tanto dixitais como en formato electrónico, os concellos membros da Asociación recollen datos de carácter persoal para acceder e prestarlle os distintos servizos ofrecidos desde este sitio web.
Correos electrónicos: As direccións de correo electrónico facilitadas neste sitio web serán consideradas como posibles medios para a recollida de datos persoais.
Cookies: os concellos membros da Asociación poden empregar cookies (pequenos ficheiros de información que o servidor envía ao dispositivo desde o que se accede ao sitio web municipal) para levar a cabo determinadas funcións consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización deste sitio web. Para máis información, ver: Política de Cookies. Política de Cookies.
Información na recollida de datos
Sempre que se proceda á recollida de datos a través dun formulario (en liña ou en formato descargable) ou outros canles de comunicación establecidos no sitio web, informarase á persoa afectada segundo o establecido na normativa vixente de protección de datos.
A información ás persoas afectadas facilitarase segundo o medio utilizado:
Formularios (en liña e en formato descargable): a información estará incluída no propio formulario.
Correos electrónicos: a información estará indicada no espazo web onde se fai referencia á dirección de correo electrónico.
Cookies: a información está dispoñible na Política de Cookies.
A persoa usuaria responsabilízase da veracidade e exactitude dos datos persoais facilitados. No suposto de producirse algunha modificación nos datos da persoa usuaria, os cambios deberán ser comunicados aos concellos membros da Asociación co fin de mantelos actualizados.
Medidas de seguridade
Os concellos membros da Asociación adoptan as medidas de seguridade adecuadas de acordo co previsto na normativa vixente de protección de datos co fin de garantir o dereito fundamental á protección de datos das persoas usuarias deste sitio web.
Os concellos membros da Asociación aplican as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco ao cal están expostos os datos persoais tratados neste sitio web.
Dereitos
As persoas afectadas teñen dereito a acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como outros dereitos recollidos na normativa vixente, ante os concellos membros da Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume, indicando no asunto: Ref. Protección de Datos, a través de calquera dos correos electrónicos ou enderezos postais indicados a continuación:
- Denominación Social: CONCELLO DE A CAPELA
- C.I.F.: P1501800E
- Domicilio Social: Carretera de Pontedeume a As Pontes
- Poboación: A Capela 15613
- Teléfono: 981459006
- Correo electrónico: correo@acapela.es
- Denominación Social: CONCELLO DAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ
- C.I.F.: P1507100D
- Domicilio Social: Parque municipal, s/n
- Poboación: As Pontes de García Rodríguez 15320
- Teléfono: 981453116
- Correo electrónico: info@aspontes.org
- Denominación Social: CONCELLO DE CABANAS
- C.I.F.: P1501500A
- Domicilio Social: Rúa do Concello, 22
- Poboación: Cabanas
- Teléfono: 981495959
- Correo electrónico: cabanas@cabanas.gal
- Denominación Social: CONCELLO DE MONFERO
- C.I.F.: P1505100F
- Domicilio Social: Lugar Rebordelo, 8
- Poboación: Monfero 15619
- Teléfono: 981783885
- Correo electrónico: correo@monfero.es
- Denominación Social: CONCELLO DE PONTEDEUME
- C.I.F.: P1507000F
- Domicilio Social: Rúa Real, 13
- Poboación: Pontedeume 15600
- Teléfono: 981433054
- Correo electrónico: correo@pontedeume.gal
Os dereitos das persoas interesadas son:
Obter confirmación sobre se os concellos membros da Asociación están a tratar os seus datos persoais.
Acceder aos seus datos persoais, así como solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
Solicitar en determinadas circunstancias:
A limitación do tratamento dos seus datos, caso no cal só serán conservados polos concellos membros da Asociación para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
A oposición ao tratamento dos seus datos, caso no cal, os concellos membros da Asociación deixarán de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou defensa de posibles reclamacións. Incluído o tratamento dos seus datos para decisións individuais automatizadas.
Se no exercicio dos seus dereitos non foi debidamente atendido/a, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos:
– Enderezo: Rúa Jorge Juan, 6 – 28001 MADRID (Madrid)
– Sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web
Delegado de Protección de Datos
Pode poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos dos concellos membros da Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume a través dos correos electrónicos indicados anteriormente.




Узнайте больше о регионе Эуме
Вдохновляйтесь захватывающими пейзажами, древними традициями и волшебными моментами.



