Pasar al contenido principal

Aviso legal

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume infórmalle que a titularidade da presente páxina web (en diante, Sitio Web) corresponde a:

  • Denominación Social: CONCELLO DE A CAPELA
  • C.I.F.: P1501800E
  • Domicilio Social: Carretera de Pontedeume a As Pontes
  • Poboación: A Capela 15613
  • Teléfono: 981459006
  • Correo electrónico: correo@acapela.es
  • Denominación Social: CONCELLO DAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ
  • C.I.F.: P1507100D
  • Domicilio Social: Parque municipal, s/n
  • Poboación: As Pontes de García Rodríguez 15320
  • Teléfono: 981453116
  • Correo electrónico: info@aspontes.org
  • Denominación Social: CONCELLO DE CABANAS
  • C.I.F.: P1501500A
  • Domicilio Social: Rúa do Concello, 22
  • Poboación: Cabanas
  • Teléfono: 981495959
  • Correo electrónico: cabanas@cabanas.gal
  • Denominación Social: CONCELLO DE MONFERO
  • C.I.F.: P1505100F
  • Domicilio Social: Lugar Rebordelo, 8
  • Poboación: Monfero 15619
  • Teléfono: 981783885
  • Correo electrónico: correo@monfero.es
  • Denominación Social: CONCELLO DE PONTEDEUME
  • C.I.F.: P1507000F
  • Domicilio Social: Rúa Real, 13
  • Poboación: Pontedeume 15600
  • Teléfono: 981433054
  • Correo electrónico: correo@pontedeume.gal

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e os concellos membros da Asociación consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

Contido

O presente Sitio Web foi creado polos concellos membros da Asociación, coa finalidade de achegar a comarca ás persoas usuarias, facilitándolles información sobre os recursos e infraestruturas turísticas, actividades e demais información turística de interese xeral.

O acceso e utilización do Sitio Web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación das presentes disposicións establecidas neste Aviso Legal. A persoa usuaria estará suxeita ao establecido neste Aviso Legal mentres se atope conectada ao Sitio Web ou a calquera dos servizos ou apartados que a través do mesmo se faciliten. Por iso, será importante que o usuario revise periodicamente o presente Aviso Legal para informarse sobre as posibles modificacións ou actualizacións que poida sufrir.

Algúns servizos ou apartados do Sitio Web poden estar sometidos a condicións particulares que, se é o caso, completan, substitúen e/ou modifican o presente Aviso Legal, debendo ser aceptadas pola persoa usuaria antes de acceder ao servizo ou apartado correspondente.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, os concellos membros da Asociación poden condicionar a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.

Os concellos membros da Asociación prestan especial atención a que a información mostrada neste Sitio Web sexa exacta e precisa, procedendo á súa actualización de forma periódica e corrixindo os erros tan pronto como estes sexan detectados. Por este motivo, os concellos membros da Asociación non poden garantir que a información estea actualizada e a inexistencia de erros en todo momento. Polo tanto, a información publicada neste Sitio Web ten unicamente carácter informativo, non constituíndo unha comunicación de actos administrativos nin comunicados oficiais, sendo estes últimos notificados polos canais oficiais legalmente establecidos para tal efecto.

Condicións de acceso e utilización

O acceso a este Sitio Web e a calquera das súas páxinas supón coñecer e aceptar as advertencias legais, condicións e termos de uso que figuran a continuación:

O acceso ao Sitio Web, así como o uso da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. Os concellos membros da Asociación non son responsables de ningún prexuízo que puidera derivarse deses feitos, nin tampouco poden garantir que o acceso non se vexa interrompido ou que o contido ou software ao que poida accederse estea libre de erro ou de causar dano.

Os concellos membros da Asociación resérvanse o dereito a realizar os cambios que procedan sen aviso previo, co obxecto de actualizar, modificar ou eliminar a información e realizar cantos cambios e modificacións estimen pertinentes sobre este Sitio Web.

A persoa usuaria comprométese a utilizar este Sitio Web sen incorrer en actividades que poidan ser consideradas ilícitas ou ilegais, que infrinxan os dereitos de terceiros, ou que poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o Sitio Web ou impedir a utilización normal do mesmo. En concreto e sen carácter taxativo, queda prohibido:

- Calquera forma de violación dos dereitos de terceiros (dereito á intimidade e á propia imaxe, dereitos de propiedade intelectual e industrial, etc.).

- Realizar, empregando os contidos deste Sitio Web, calquera tipo de publicidade como envío de correos electrónicos non solicitados (spam) ou comunicación similar.

- Introducir virus informáticos, arquivos defectuosos, ou calquera outro software ou programa informático que poida provocar danos ou alteracións non autorizadas dos contidos ou sistemas accesibles a través deste Sitio Web.

A persoa usuaria deberá absterse de obter os contidos deste Sitio Web utilizando para iso medios ou procedementos distintos dos que se puxeran á súa disposición para este efecto, se indicaran neste Sitio Web ou se empreguen habitualmente en Internet e, neste último caso, sempre que non entrañen un risco de dano ou inutilización do Sitio Web e os seus contidos.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique á Asociación e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

A información obtida a través deste Sitio Web así como das respostas ás cuestións expostas nos seus formularios de contacto, cumpre unha función de información xeral e atención ao cidadán nos termos establecidos no artigo 4 do Real Decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de información administrativa e atención ao cidadán, polo que en ningún caso poderá derivarse efecto xurídico vinculante algún.

Responsabilidade

A persoa usuaria será a única responsable das infraccións nas que poida incorrer ou dos prexuízos que poida causar a terceiros pola utilización indebida e ilexítima deste Sitio Web e da información nel contida.

Os concellos membros da Asociación non serán responsables dos posibles danos ou prexuízos que poidan derivarse de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, incidencias nos sistemas de telecomunicacións ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas aos concellos membros da Asociación, nin dos atrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas nas liñas de telecomunicacións ou noutros sistemas electrónicos relacionados.

Os concellos membros da Asociación non garanten a veracidade nin se fan responsables das consecuencias que puidesen derivarse dos erros nos contidos proporcionados por terceiros que puidesen aparecer neste Sitio Web.

Así mesmo, os concellos membros da Asociación tampouco se fan responsables dos contidos, produtos ou servizos que se poidan visualizar mediante ligazóns electrónicas (links), directas ou indirectas, a través deste Sitio Web. Estas ligazóns non supoñen ningún tipo de relación entre os concellos membros da Asociación e os particulares ou entidades titulares das páxinas ás que se accede. Os concellos membros da Asociación resérvanse o dereito a retirar de modo unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparezan no seu Sitio Web.

Os concellos membros da Asociación exímense de responsabilidade no que respecta ás “cookies” que terceiros alleos puidesen instalar nos sistemas utilizados pola persoa usuaria, así como dos erros tipográficos ou inexactitudes que puidesen observarse nos contidos do seu Sitio Web.

Co fin de garantir a seguridade dos sistemas que soportan o Sitio Web e a integridade da información subministrada, os concellos membros da Asociación implementaron as medidas organizativas, técnicas e legais requiridas pola lexislación aplicable, en particular as establecidas polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, así como as medidas esixidas pola Disposición adicional primeira da Lei 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa de aplicación.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos do Sitio Web, tales como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence aos concellos membros da Asociación, agás indicación expresa de titularidade diferente, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, sen que poida entenderse que se cede á persoa usuaria ningún dereito de explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o correcto uso do Sitio Web.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida agás autorización expresa dos concellos membros da Asociación.

Autorízase a reutilización dos documentos e/ou información dos concellos membros da Asociación contida neste Sitio Web, sempre que ditos contidos permanezan íntegros e se cite a fonte (Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público). Quedando prohibido o seu uso para actividades ilícitas. Esta autorización non se aplica aos documentos suxeitos a dereitos de propiedade intelectual ou industrial (como patentes, deseños e marcas rexistradas), especialmente cando pertenzan a terceiros.

En todo caso, o réxime de reutilización está obrigado a garantir o pleno respecto aos principios que consagran a protección de datos persoais, nos termos establecidos pola LOPD e a súa normativa de desenvolvemento.

Os concellos membros da Asociación declaran o seu respecto polos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este portal puidese estar a vulnerar os seus dereitos, solicitamos que se poña en contacto cos concellos membros da Asociación.

Política de privacidad

A información sobre o tratamento de datos persoais atópase detallada na Política de Privacidade deste Sitio Web.

Solicitude de servizos

Para solicitar ou rexistrarse nos servizos dispoñibles neste Sitio Web é necesario, nalgúns casos, cubrir formularios nos que se poden recoller datos persoais, que serán necesarios para a prestación dos servizos solicitados. O tratamento destes datos persoais rexerase polo indicado na Política de Privacidade aplicable a este Sitio Web.

Os datos facilitados para o acceso aos servizos deberán ser verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo a persoa usuaria a única responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que poida ocasionar aos concellos membros da Asociación ou a terceiros debido á falsidade, inexactitude, insuficiencia ou falta de actualización dos mesmos.

No caso de que os datos proporcionados sexan inexactos ou resulten incompletos, isto podería ocasionar deficiencias na prestación dos servizos solicitados ou incluso a imposibilidade de que estes sexan prestados.

Baixa dos servizos solicitados

Nas condicións particulares de cada servizo indicarase o procedemento a seguir para darse de baixa do mesmo.

Plugins ou complementos de redes sociais

O Sitio Web integra os seguintes plugins ou complementos de redes sociais, respecto dos cales deberá ter en conta o seguinte:

Se está rexistrado como usuario na rede social (Facebook, Twitter) e ao visitar este Sitio Web ten a sesión aberta en calquera destas redes, ao facer «clic» nos seus plugins, a rede social recibirá a información correspondente e saberá que visitou o Sitio. Ademais, proporcionará información sobre o seu perfil de usuario desa rede social (nome, correo electrónico, foto, etc.).

Se non está rexistrado na rede social ou non ten a sesión iniciada mentres visita o Sitio Web, é posible que a rede social reciba e almacene, polo menos, a súa dirección IP.

Se non desexa que unha rede social recolla os datos persoais aquí detallados, nin que os comparta con nós nin con terceiros, consulte a política de privacidade da rede social correspondente e peche a sesión na mesma antes de visitar este Sitio Web. Tamén poderá eliminar as cookies existentes que teña instalada a rede social no seu ordenador empregando as funcións do seu navegador.

Uso de cookies e datos estatísticos

Pode consultar a información sobre as cookies utilizadas neste Sitio Web na Política de Cookies.

As cookies son ficheiros que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outras funcións, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, poden empregarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Lei aplicable

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lexislación española.